BUSCANDO CARBALLOS
A INTENCIÓN DA PROFE OLGA O XOVES PASADO ERA PREPARAR O CONTO TITULADO "O CARBALLO CON BOTAS" QUE MAÑÁN NOS VAI VIR CONTAR ANXO MOURE, PERO ANTES PREGUNTOULLES ÓS NENOS/AS DA CLASE SE SABÍAN O QUE ERA UN CARBALLO; NON O TIÑAN CLARO (SÓ TRES RESPOSTARON QUE ERA UNHA ÁRBORE). BUSCAMOS NA INTERNET, E ADEMÁIS DE VER QUE "CARBALLO" É UN MUNICIPIO DA PROVINCIA DA CORUÑA, É TAMÉN UNHA ÁRBORE.
LOGO SAIMOS Ó PATIO A VER SE ENCONTRABAMOS CARBALLOS E DEMOS CON VARIOS.
COLLIMOS FOLLAS DE CARBALLO PARA LEVAR PARA CLASE, PERO TAMÉN FOLLAS DOUTRAS ÁRBORES.
ADEMÁIS ATOPAMOS DOUS COGUMELOS ENTRE A HERBA.
DENTRO DA CLASE SEPARAMOS SÓ AS FOLLAS DE CARBALLO CARA OUTRA CAIXA, QUE EMPREGAREMOS PARA UN TRABALLO PLÁSTICO DE ESTAMPACIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario